Chegou a hora do último día

IMG_9295
Chegou a hora do último día

Asistimos ao peche definitivo da persiana do Eroski da praza S.Roque

Estas últimas semanas o bule bule da rúa era o peche do súper que a cadea Eroski tiña dende fai moitos anos na praza S.Roque, o primeiro que esta cadea fixo na vila de Xinzo.

Todo chega ao seu fin e ao súper chegoulle hoxe e dendealimia.com foi testemuña da saída e baixada da persiana por última vez para abrila solo para sacar a mercancía e instalacións as próximas semanas.

IMG_20191109_160039Nas caras das traballadoras da última quenda podíanse ver reflectidas dúas sensacións diferentes. A primeira de tristura polo peche da instalación e o segundo, segundo manifestaron, satisfacción porque ningunha da ducia de traballadoras do centro ten que ir a traballar a outro centro fora da vila. Todas seguiremos traballando nos outros centros da vila.

Para os clientes desta superficie agora quedaralle un pouco máis lonxe acudir a facer a compra, posto que este súper encontrábase ao final da rúa máis comercial da vila, a cal se achegaba todo o mundo a pe.