Cívitas Limicorum celebrou a primeira asemblea do 2023

Placer, Ana, Marcos, Bea, Carmen e Fran (Xunta directiva da asociación)
Cívitas Limicorum celebrou a primeira asemblea do 2023

Aprobáronse por unanimidade todos os puntos entre o que se encontraban as contas deste último ano

Entre os puntos da orde do día da asemblea xeral de Cívitas Limicorum celebrada onte a noite no salón da Casa da Cultura estaba a aprobación das contas do último ano e as cotas para este 2023. En canto ao primeiro deles a asociación, unha vez recibidas as subvencións pendentes da festa pasada e se fagan os últimos pagos quedará cun remanente de 17.000 €, o que supón un saldo positivo neste último ano de 10.000 €.

Asemblea do 12.05.23
Asemblea do 12.05.23

A directiva informou de todas as actividades nas que participaron entre finais do ano pasado e este mesmo, as cales pensan seguir incrementando, sobre todo a presenza da Legión en todos os lugares onde a soliciten.

APERTURA DE PRAZOS PAR O ESQUECEMENTO 2023

O presidente, dentro da súa intervención, anunciou a apertura de inscricións de grupos para esta edición da Festa do Esquecemento 2023, para a cal, unha vez recibida a ampliación da subvención do concello non fará falta que os socios participantes teñan que vender rifas. Esta proposta foi recibida con fortes aplausos por parte dos presentes.

FESTA DE INTERESE TURISTICO GALEGO

Coa aprobación esta mañá da solicitude por parte do pleno sobre a declaración de Festa de interese Turístico Galego, paso necesario para que a Xunta a nomee, todo o expedinte será enviado a Santiago para a súa aprobación definitiva.