En Cívitas, non hai “vontade cultural” ningunha, simplemente hai un interese de festa, posiblemente de comida e de bebida."Ivan Prado"

Iván Prado
En Cívitas, non hai “vontade cultural” ningunha, simplemente hai un interese de festa, posiblemente de comida e de bebida."Ivan Prado"

Nos non queremos matar a festa, queremos que haxa unha renovación.

Quixemos deixar pasar uns dias dende a noticia, creemos que importante para Xinzo e a comarca, que a directiva de Civitas (entidade organizadora da festa do Esquecemento), presentara a súa dimisión en bloque.

Iván Prado 1
Iván Prado

A fronte da mesma leva 7 anos Iván Prado, bo coñecedor da festa e loitador total pola mesma. Fai solo 3 anos Iván tiña baixo a súa tutela a organización directa da organización do Entroido e as festas de Xinzo, encargadas directamente polo concelleiro de Cultura Ramiro, e da festa do Esquecemento. Tres anos despois encontramos a un Iván cunhas canas de máis e cun ánimo bastante deteriorado. Neste estado mantivemos esta tarde unha conversa que deu como resultado o que a continuación podedes comprobar.

Preguntado pola dimisión comeza forte, fruto de todos os disgustos que parece ser lle ocorriron nestes últimos anos:

Fai falta máis compromiso por parte da xente, para que se poidan seguir facendo cousas a nivel organizativo.

Non se pode esperar sempre a recoller o froito sementado por outras persoas, hai que implicarse e sementar tamén, se non todo chegará a desaparecer. Neste momento, no que se refire a Civitas e en concreto a última organización da feira, éramos solo media ducia de persoas as que levamos o traballo, e como é lóxico un cánsase.

3

Non entendo, como non somos capaces de unirnos para beneficios para cada sector.

Non somos capaces de pornos de acordoen cousas importantes, por exemplo en como vamos a cobrar o “botellín” no Entroido, un prezo mínimo, moito menos cando falamos de sectores como a cultura cando o beneficio a maioría das veces non é económico.

En Cívitas, non hai “vontade cultural” ningunha, simplemente hai un interese de festa, posiblemente de comida e de bebida.

SÁBESE SI HABERÁ CANDIDATURA

Todos recordamos o “reñida” que estivo a campaña para a elección desta xunta directiva, posto que había dúas candidaturas e gañou a súa por un marxe de tan solo 7 votos.

Pensa que volverán a presentarse agora que por parte vosa non van a ter rivais?

Supoño que si, que nesta ocasión den un paso adiante e se presente unha candidatura, pero si é a mesma que na anterior, por coherencia eu non os votarei. Tereime que absterme, loxicamente porque o meu voto non será decisivo.

Si é a nosa obriga convocar as eleccións, como moi tarde para finais de mes. Na mesma nos entregaremos as contas, que por certo son moi boas. A asociación nunca arrancou a organización dunha nova festa con tantos cartos.

Que pasa si non se presenta ninguén para presidir Civitas?

Pois nos tamén temos claro que o noso compromiso cando nos presentamos era para tres anos, e solo levamos dous, polo que teríamos que quedar un ano máis. Pero claro, xa estamos fartos, como dicía antes de entre media ducia facelo todo, dende negociar coas institucións, facer as portadas, pechar o recinto e todo o que leva consigo a celebración do Esquecemento, e todo isto sen que dos demais 80 socios se saiba nada, iso si, protestando si algo sae mal.

Que lle pediriades ao concello neste momento?

O único que lle pediría ao concello e a firma dun convenio firme de colaboración, para así poder solicitar a declaración de festa de interese autonómico. Sen o amparo do Concello isto é inviable. Isto non faría que nos nos quedáramos na directiva, pero sería un respaldo moi importante e definitivo para a festa.

Hai xente que traballa e hai xente que quere que traballen para eles.

Xa que todo o problema ou o 90% parece estar na celebración do Esquecemento.

Pratexariádesvos quedar na directiva de Civitas, se esta non levara consigo a organización da festa?

Pois posiblemente eu persoalmente prartexaríamo e supoño que algún dos meus compañeiros tamén, e dedicarnos a levar a asociación cultural como tal adiante. Eu quedaría para desenrolar calquera actividade que non fose de ocio como tal. Nos non estamos “queimados” solo por organizar a festa, se non porque xa intentamos dende a asociación levar adiante outros eventos máis culturais e non puido ser porque os socios non querían participar.

Vostede sempre foi un defensor do asemblearismo. Que pasou?

O asemblearismo e o asociacionismo é unha estrutura horizontal, pero ao final fai que a directiva propoña, organice e no último teña que executar ata os máis pequenos traballos. Creo que este é o problema que está a acontecer en Xinzo neste momento, en Civitas, no Entroido en ProLimia e na asociación de hostaleiros, e así non se pode continuar. Hai xente que traballa e hai xente que quere que traballen para eles.