"Club de búsqueda de emprego"

OBRADOIRO RURALEMPREGT
"Club de búsqueda de emprego"

Creado polo CIX da Limia a partir do 12 de febreiro

DENDE O CIX DA LIMIA E SERVIZOS INTEGRADOS POREMOS EN MARCHA UN “CLUB DE BUSCA DE EMPREGO”. A SESIÓN INICIAL SERÁ O MARTES 12 DE 16:00HS A 19:00HS.

Dende a nova ubicación do CIX da Limia e Servizos Integrados no nº 21 da Rúa Ladeira -un dos equipamentos do C.D.R. “O Viso” na Comarca da Limia-, informamos da continuidade DO PROGRAMA RURALEMPRÉGATE, PARA A INCORPORACIÓN SOCIAL E LABORAL DE PERSOAS DESEMPREGADAS, desta volta coa recente apertura das nosas instalacións ó público que desexe orientacións para a formación e a busca de emprego, que desexe realizar trámites cotiás na Internet e non dispoñan deste servizo no seu fogar, etc.

Itinerarios personalizados de inserción sociolaboral:

Este servizo préstase a nivel individualizado podendo dispoñer dos servizos dun técnico de emprego e dunha psicóloga participando dun proceso de adquisición de habilidades e ferramentas para dispor de maior autonomía para a busca de emprego.G

Grupos de apoio para a busca de emprego:

Este servizo tamén se veu prestando en grupos de orientación laboral en grupo, espazos participativos nos que retrabar as habilidades e ensaiar técnicas de busca, etc.

O próximo encontró "CLUB BAE" terá lugar o martes 12 de febreiro de 2019 dende as 16:00hs ata as 19:00hs ó que convidamos a toda aquela persoa que queira coñecer as instalacións e tomar parte nesta actuación.

Esta actuación é financiada a través Fondo Social Europeo e polo o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional .