O colexio Carlos Casares, levará a cabo unha xornada de sensibilización coas persoas discapacitadas

140
O colexio Carlos Casares, levará a cabo unha xornada de sensibilización coas persoas discapacitadas

Mañá venres as 12:15 coa participación de LIMISI

Baixo o lema `Ponte no meu lugar´ as asociacións Algaria, Discafis-COGAMI e LIMISI acompañada por unha Educadora Social, realizará una actividade de sensibilización no colexio Carlos Casares de Xinzo de Limia para 46 alumnas e alumnos de 6º de primaria o venres 2 de decembro, ás 12:15 horas. A finalidade é darlle visibilidade ás dificultades de integración que se lle presentan na sociedade ás persoas con discapacidade.

A través desta actividade, a entidade pretende sensibilizar e dar a coñecer aos rapaces o mundo da discapacidade, ofrecéndolle a oportunidade de experimentar na súa propia pel os problemas cos que se atopan as persoas con discapacidade física, intelectual ou sensorial no día a día, co obxectivo de que tomen conciencia das barreiras que a nosa sociedade lles pon a este sector da poboación para desenvolverse en igualdade de oportunidades en todos os ámbitos (educativo, laboral…), e para sensibilizalos e formalos no respecto á diversidade