Comezan os cursos e actividades promocionados por o GDR Limia-Arnoia

unha_volta_polo_medio
Comezan os cursos e actividades promocionados por o GDR Limia-Arnoia

Baltar,Bande,Celanova e Vilar de Santos serán algunha das súas sedes

Con orientacións productivas para apicultura e a fruticultura impartiránse dous cursos, o de apicultura en Baltar, o cal consistirá en 100 horas de curso con formación en campos como a bioloxía, sanidade, instalación e materias aparde do manexo da albarita. O curso de fruticultura impartiráse en Vilar de Santos con formación en agrotecnoloxía, planificación e técnicas de cultuvo, protección fitosanitaria... Ambos os dous cursos darán comezo o 23 de maio.

Tamén se impartirán outros cursos como o da Industria cárnica porcina, cunha duración de 30 horas e impartido en Bande, que comeza o 28 de maio. O de Xestión do turimos local o cal consta de 180 horas comeza o 18 de xuño e será en Celanova. O curso sobre encontro participativo 18 horas comezará o vindero 25 de abril no Centro de Promoción Económica de Allariz.

Así tamén se celebrarán unhas Xornadas de difusión dos valores ambientais, patrimoniais e culturais, as cales estan abertas ás persoas interesadas en coñcer o seu contorno. Contan con 30 prazas, son de carácter grauñito e inclúen bus, xantar e guías.
Serán dúas xornadas das cales a primeira é unha volta polo Xurés o día 27 de maio, a cal saldrá dende Muiños as 10,00h e a segunda consitirá nunha volta por Allariz e a Limia o día 3 de xuño con saída as 10,30h de Allariz (Barreira)

As inscripcións para os cursos e para as xornadas de difusión faranse a través do correo electrónico info@limia-arnoia.gal ou en calquera das oficias do GDR (Allariz, Celanova e Xinzo). Para máis información na páxina www.limia-arnoia.gal ou no teléfono 988 688 779