Comezan en Ourense as campañas de protección dos maiores e dos máis cativos fronte aos virus

Comezan en Ourense as campañas de protección dos maiores e dos máis cativos fronte aos virus

Hoxe iniciouse a vacinación de Gripe e Covid dos máis de 6.000 usuarios de residencias e a dos bebés fronte ao Virus Respiratorio Sincitial

Hoxe luns da comezoU nos tres hospitais públicos de Ourense, Verín e Valdeorras, a primeira campaña de inmunización contra o virus respiratorio sincitial (VRS) en bebés, no marco do novo “Calendario de inmunización ao longo de toda a vida” e a dos máis de 6.000 maiores, que viven en residencias, da Gripe e da Covid, esta última por vez primeira incluída xa no calendario estacional.

Campaña COVID-GRIPE

O inicio da campaña de vacinación covid-Gripe será secuencial para favorecer a priorización dos colectivos con maior risco. Así, as persoas residentes en centros de maiores e de discapacidade serán vacinadas a partir de hoxe no seu centro.

Ademais os Servizos de atención primaria administrarán, nas cabeceiras de comarca, a vacina fronte a gripe e a covid-19 ás persoas de 80 e máis anos, que serán citadas proactivamente mediante unha mensaxe de texto. Así mesmo, vacinaranse a domicilio ás persoas inmobilizadas que pertenzan aos grupos diana.

Ao longo do mes de outubro habilitaranse de novo os punto de vacinación central grandes recintos, en Expourense e nos hospitais de Verín e Valdeorras para a vacinación conxunta fronte á gripe e a covid-19 dos menores de 80 anos, que serán citadas de forma proactiva mediante unha mensaxe de texto.