Comezaron as festas de Moreiras

Moreiras 1
Comezaron as festas de Moreiras

39 veciños e preto de 10.000 € de presuposto

Como xa fai anos o primeiro día (venres) comezan as festas de Moreiras – Xinzo de Limia, cunha cea para todos aqueles veciños e forasteiros que se achegan. Nesta ocasión superaban os dous centos os que degustaron un porco asado ao espeto feito por uns \“profesionais\” portugueses de Lousade, moi preto de Porto, que xa son mais que amigos de Moreiras.

Media tarde levaron a darlle voltas ó porco para despois degustalo cós ritmos modernos dun \“dilley\” , ata que chegou \“Nito\” cos seus tambores para dar o espectáculo a todos os comensais.

ORQUESTRAS- TRÍO E BANDAS DE GAITEIROS.

Moreiras 2Hoxe sábado tócalle espertarse cos pasarruas da banda de gaitas da Raia que acompañará temen a misa . Despois será un trío o que se faga cargo de animar os moitos forasteiros que se acercan ata o pobo, que ata o ano 1927 foi concello independente de Xinzo.

O domingo , día grande das festas na honra de Virxe dos Dolores, comezará outra vez coa banda de gaitas que acompañará a Patroa na procesión e na misa solemne , para continuar despois cunha sesión \“vermout\” amenizada pola orquestra Solara que será a que durante toda a tarde e noite poña a música na aira do pobo.

A comisión está formada por Rafael Prieto, Alejandro Román , Juan Prieto e Gonzalo Losada que teñen que devanar moito os miolos para xuntar o presuposto que se gasta nos tres días, posto que os veciños \“solo\” poñen 120 € cada un. E dicimos solo, posto que destes veciños tiñan que aprender os de outros pobos mais grandes e que non conseguen facer unhas festas con esta categoría.