Comezou o ciclo de charlas sobre sexualidade no IES Lagoa de Antela

Xornadas sexualidad IES Lagoa Antela
Comezou o ciclo de charlas sobre sexualidade no IES Lagoa de Antela
A pubertade, os cambios físicos, a intersexualidade...

A pubertade, os cambios físicos, a intersexualidade, cambios emocionais, fraxilidade e vulnerabilidade, a orientación do desexo... Estes son só algúns dos temas que se están a tratar nas Xornadas de educación sexual que promoven o Concello de Xinzo e o IES Lagoa de Antela. Beatriz Pérez Fernández, titulada en Psicoloxía e con estudos de mestrado en Educación, Xénero e Igualdade colleu esta mañá o relevo para compartir os seus coñecementos cos alumnos. Tal e como se especifica no programa, o 10 de maio pechará o ciclo a experta Uxía Fernández, educadora familiar nos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Allariz.

A iniciativa diríxese a alumnos de 2º e 4º de ESO e FP Básica co obxectivo de valorar a diversidade e favorecer unha mellor convivencia.

Durante as sesións, respectaranse os grupos burbulla sen mesturar estudantes e potenciarase o traballo en conxunto para fomentar a confianza entre os participantes.