martes 7/12/21

Esta mañá a noticia corría polas redes sociais unha vez que se soupo o falecemento de de Maria del Carmen Vaz Martínez profesora de primaria no CEIP Rosalía de Castro da vila de Xinzo.

Elvira Lama, tanto nas súa rede persoal, como nas do concello publicou a seguinte mensaxe.

Como alcaldesa de Xinzo de Limia, en nome de toda a corporación municipal e dos veciños e veciñas, quero transmitir o máis sentido pésame polo falecemento de Maria del Carmen Vaz Martínez mestra de Educación Primaria no CEIP Rosalía de Casto. Quero facelo extensivo a toda a súa familia, comunidade educativa e amizades. Unha gran perda que se vai no mellor da vida. D.E.P.

Dende o dendealimia, queremos transmitir tamén o sentido pésame, tanto a compañeiros, alumnado e familiares e amigos.