Xinzo aproba unha moción para que volva Radio Limia

votacións concelleiros XA
Xinzo aproba unha moción para que volva Radio Limia

A través dunha iniciativa de Xinzo Adiante.

No pleno do pasado venres, ademáis de todosos temas tratados dos que xa informou este medio, aprobouse unha moción –por iniciativa de Xinzo Adiante– para que a Cadena Ser recupere Radio Limia.

Radio Limia era a única radio de carácter comarcal con conexións coa cadena Ser, ata que, hai apenas un par de semanas, a emisora estatal –pertencente ao grupo Prisa– decidiu fechala.

O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso lamentou tamén, na súa páxina web –e mediante un comunicado– o peche desta emisora de radio que desposúe aos limiáns e limiás dun medio máis para estar ao tanto das novas informativas da comarca.