O Concello repartiu máis de trinta premios nos certames de debuxo e literarios do Mes das Letras

entrega premios CARLOS CASARES 2
O Concello repartiu máis de trinta premios nos certames de debuxo e literarios do Mes das Letras
O esforzo obtivo a súa recompensa

O Concello de Xinzo repartiu máis de trinta premios dos certames literarios e de debuxo convocados polo Mes das Letras. En concreto, premiouse a 15 mozos que participaron nas diferentes categorías do Concurso infantil e xuvenil de narración curta Carlos Casares e a 18 dos certames de debuxo convocados en colaboración coa Fundación Carlos Casares. Ao acto asistiron a alcaldesa, Elvira Lama, o concelleiro de Educación, Alberto Martínez, e Mercedes e Xavier Casares. Os traballos serán expostos na Casa da Cultura para que todos os veciños e visitantes poidan comprobar a calidade e mimo co que foron realizados.

entrega premios CARLOS CASARES 1