22 de marzo de 2021, 13:47
A media mañá de onte (domingo) dúas ducias de persoas concentráronse na praza Maior de Xinzo, secundando a convocatoria que fixo ADEGA a nivel galego para rexeitar a política forestal que está a levar a Xunta de Galicia, segundo os convocantes.
Despois da lectura do manifesto, os convocados trasladáronse ata o parque do Toural para facer a plantación dun “Prunus Lusitánica”, árbore da raia do Xures, nun lugar “sinalado” do parque e 20 máis de diferentes especies, ao longo do mesmo.