CONCERTO DIDÁCTICO DO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE XINZO DE LIMIA

203
CONCERTO DIDÁCTICO DO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE XINZO DE LIMIA

O día 27 de abril as 20:00 para o público con entrada de balde

O Conservatorio Profesional de Música de Xinzo de Limia, un ano máis, organiza un Concerto Didáctico dirixido ós nenos da comarca, coa intención de dar a coñecer o traballo que desenrolamos no Conservatorio e a oferta educativa que se lles ofrece, para poder comezar nas súas vidas os sendeiros da música.

Este Concerto Didáctico terá lugar o 27 de Abril no Salón de Actos da Casa da Cultura e Xuventude de Xinzo de Limia en dúas funcións.

O pase matutino comezará ás 11:00 h. e asistirán exclusivamente alumnado de colexios da comarca: C.E.I.P. Carlos Casares (Xinzo de Limia), C.E.I.P. Rosalía de Castro (Xinzo de Limia), C.E.I.P. Carlos Cid Arregui (Rairiz de Veiga), C.E.I.P. de Sandiás, C.E.I.P. de Baltar e C.E.I.P. de Sarreaus.

O pase vespertino comezará ás 20:00 h. e será de entrada libre para todo aquel que desexe ver o concerto.

2.- Programa do Concerto Didáctico

O concerto didáctico que se vai ofrecer é unha representación musical no que xurdirá una noticia sorpresa que revolucionará animadamente ós asistentes mentres se interpretan obras de diversos estilos musicais que abarcan dende o clásico ata o moderno. Utilizando os diversos instrumentos o alumnado do conservatorio interpretará obras de Berstein, Powel, Curtin, Yoshii, populares… E no remate do concerto a orquestra de música do conservatorio será a encargada de por o broche final con varias obras de distintos autores.