Concilia Verán 2022 no CDR O Viso

Concilia Verán 2022 no CDR O Viso
Aberto o prazo de inscripción dende mañá, 24 ao 31 de maio
Chega un ano máis o CONCILIA DE VERÁN do CDR O Viso cun proxecto educativo onde os piares seguirán sendo o medio natural, a relación interxeracional e o contacto cos animais. O medio rural en estado puro para axudarlle ás familias na atención dos máis pequenos e pequenas durante os meses de xullo e agosto, estará dirixido a cativos de entre 3 e 12 anos de idade.
O prazo para as preinscricións será dende o 24 ó 31 de maio (ambos incluídos); este ano como novidade será a través do seguinte enlace: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScU3LR495NAzLVvlpCiyv0uGRIVjJGmoXWEiG-pmaBJnjF30g/viewform?embedded=true
Para máis información ou calquera dúbida no CIX da Limia (Rúa Ladeira nº 21, baixo) no teléfono 988461571 ou no e-mail cixdalimia@cdroviso.org