Un concurso para compartir os mellores recunchos do xeodestino “Área de Allariz, Maceda e Alto Arnoia”

vilar_de_barrio_06
Un concurso para compartir os mellores recunchos do xeodestino “Área de Allariz, Maceda e Alto Arnoia”
A imaxe e o vídeo máis votados conseguirán dous premios moi importantes. Entran no concurso os concellos limiáns de Vilar de Barrio e Vilar de Santos.

O xeodestino “Área de Allariz, Maceda e Alto Arnoia”, tras o éxito da campaña de Entroido, ven de publicar unha nova landing con 2 concursos, un de fotografía e outro de vídeo; onde os usuarios poderán compartir as súas imaxes e vídeos dos seus recunchos favoritos de Allariz, Vilar de Santos, Xunqueira de Ambía, Baños de Molgas, Vilar de Barrio, Taboadela e Maceda. Unha nova acción do xeodestino para promocionar os sete concellos que o integran.

Onde participar

Todas aquelas persoas que desexen participan poderán facelo a través de https://deallarizamaceda.gal/oteurecunchofavorito/

Concurso de fotografía

Dentro da categoría “fotografía”, a imaxe máis votada, gañará unha noite de hotel para 2 persoas, con almorzo, no hotel Portelo Rural de Allariz e entradas gratis a museos de Allariz.

Concurso de vídeo

Na categoría “vídeo”, o vídeo máis votado gañará unha noite no Castelo de Maceda, para dúas persoas, con cea incluída.

Promoción dos 7 concellos

Coa recente creación do proxecto “De Allariz a Maceda”, que engloba todos os concellos do xeodestino “Área de Allariz, Maceda e Alto Arnoia”, continúan as accións de promoción dun dos destinos máis atractivos de Galicia. Por este motivo, animan a todos os veciños e veciñas da contorna a participar, para dar a coñecer a beleza de Allariz, Vilar de Santos, Xunqueira de Ambía, Baños de Molgas, Vilar de Barrio, Taboadela e Maceda.

Para máis información:

Eva González - Coordinadora LIMIA-ARNOIA GDR10

604 026 618

coordinadora@limia-arnoia.gal