A Xunta convocará por concurso de méritos a cobertura dunha praza de facultativo de atención primaria nos concellos de,Lobios, Lobeira, Xinzo de Limia e Calvos de Randín.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén e o xerente da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, Félix Rubial, mantiveron hoxe unha reunión cos alcaldes dos concellos de Nogueira de Ramuín, Lobios, Lobeira, Coles, Xinzo de Limia e Calvos de Randín na que lles avanzaron que o goberno galego incluirá sendas praza de facultativos de atención primaria no centro de saúde dos seus concellos na convocatoria de prazas de difícil cobertura mediante concurso de méritos que aprobará nas vindeiras semanas.
Iniciativa da Xunta ante a falta de reformas no eido estatal
Ademais, os residentes MIR de toda España que terminen estas especialidades en maio poderán optar a estas prazas e ser persoal fixo neste mesmo ano, ao permitírselles inscribirse con carácter previo e acreditar o título da especialidade unha vez a rematen. A Xunta prevé resolver o concurso á volta do verán e as condicións para os adxudicatarios serán a de permanecer en activo nelas durante un mínimo de 2 anos.
ará nas vindeiras semanas.