Con motivo da celebración do 8M o CDR pon en marcha un concurso fotográfico, actividade estrela baixo o lema que dá nome á campaña "#mullererural" no que calquera persoa pode participar sempre que o protagonismo da imaxe recaia na súa interpretación de muller rural. Haberá dous premios económicos de 100 e 60 en forma de bono para usar en establecementos da asociación de comerciantes e empresas ProLimia nunha sinerxia que busca poñer en valor ó comercio local tamén.
PREMIO AO IMPACTO EN REDES E DE XURADO

Un premio será para a publicación que máis impacto consiga nas redes e o outro será outorgado por un xurado formado por unha persoa representante do CDR O Viso, outra de ProLimia e outra do ámbito artístico da zona.
A campaña é financiada integramente pola Consellería de Emprego e Igualdade con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF. Esta financiación é posible tras a concesión do Programa ELAS que o CDR O Viso executa da man da Asociación de entidades rurais Terra e Xente.