A Consellería de Educación repartirá máscaras ao alumnado da ensinanza obrigatoria

zentauroepp53694716-escuela200610190709-1591809045554
A Consellería de Educación repartirá máscaras ao alumnado da ensinanza obrigatoria

O prazo de solicitude rematará o 25 de nombembro

A consellería de Educación ven de publicar no DOGA unha resolución para poder acollerse ao reparto de máscaras a práctica totalidade de alumnado de infantil, primaria e secundaria dos centros públicos e privados de Galicia.

Prazo ata o día 25 de novembro

O prazo para facer as solicitudes remata aos dez días hábiles a partir de hoxe, co que rematará o próximo 25 de novembro.

Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/21

Todos os demais terán que presentar a documentación esixida nas oficinas dos centros escolares, que serán os responsables de tramitar as solicitudes para todos aqueles que non recibiron a axuda para libros, pero están dentro dos requisitos que a convocatoria determina.

Para ver o DOGA completo, prema aquí