Na tarde noite do venres constituíse na casa de Cultura de Xinzo a primeira asociación de Produtores de pataca da Limia.
Varias son as características que fan deste feito un fito histórico como cualificaba a noite o recen elixido presidente da mesma Amador Díaz Penín.
Nunca na historia da Limia se xuntaran caseque o 85% dos produtores de pataca, principais, como denominan a todos os produtores cuxa primeira actividade sexa a produción deste tubérculo.
Nesta ocasión, e como principio os mais de 70 que se presentaron a convocatoria asinaron a súa pertenza no 100%.
UNANIMIDADE E REPRESENTACIÓN TOTAL DA LIMIA
Outra das facetas que se poderían destacar dos fundadores da asociación foi a unanimidade. Todos os cargos fórono por aclamación de tódolos presentes.
Na xunta directiva está presente un produtor de cada pobo da Limia que colleita a pataca.
Cinco mulleres estarán integradas na asociación, aínda que se espera a incorporación de algunha outra que non puido asistir na tarde de onte.
Tamén destacar que na asociación están produtores de tódolos concellos da Limia.
FIRMA DE ESTATUTOS E PRESENTACIÓN
O 100% dos presentes asinaron a súa inclusión así como os estatutos que esta mesma semana serán rexistrados na Xunta para que esta quede formalmente constituída e comezar a súa andadura.
OBXECTIVO CLAROS
Como toda asociación o primeiro a ter en conta son os obxectivos a acadar na unión entre todos os socios.
Entre eles o primeiro será estar en contacto directo cos concellos da Limia, axencias de Extensión Agraria e a Consellería de Medio Rural, así como dar a coñecer e apoiar directamente á transformación e comercialización da Pataca da Limia.
Tamén entre os seus obxectivos estará a de organizar eventos co fin de divulgar e dar a coñecer o cultivo da pataca por toda a xeografía nacional e Internacional.
XUNTA DIRECTIVA
A asociación terá 20 vocais, cada un deles representando a tódolos pobos onde a produción de patacas sexa unha actividade importante. Como Tesoureiro foi elixido Pablo Feijoo Cid. Como secretario foi nomeado Manuel Nontero Molinos e por último vicepresidente e Presidente Camilo Maus Pérez e Amador Dias Penin.