Continúan as actividades no CMUS de Xinzo

00078
Continúan as actividades no CMUS de Xinzo
O día 29, na Casa de Cultura, tamén se celebrará a Graduación do alumnado desta promoción 2021

O curso escolar 2020-2021 está chegando ó seu fin e no Conservatorio Profesional de música de Xinzo de Limia tamén está sendo diferente.

O obxectivo do claustro de Profesores deste centro no presente curso era poder alcanzar os obxectivos musicais e académicos salvando a seguridade de toda a comunidade educativa. Xa chegando a recta final, pódese dicir que o curso, aínda con todas as dificultades que houbo no camiño, desenvolveuse con éxito e non houbo que lamentar que se producisen contaxios no centro.

Pero como veu sendo o habitual últimamente, o final de curso tamén é diferente. Nesta ocasión o concerto será virtual e poderáse disfrutar nos vindeiros días das variadas interpretacións do alumnado do conservatorio a través das redes.

00077

O día 28, na Casa de Cultura celebrarase un acto para aqueles alumn@s que no pasado curso 2019-2020 se graduaban e faráselle entrega da orla conmemorativa de Graduación, así como tamén da entrega de títulos a outro grupo de mozos e mozas que normalmente se lle fai no tradicional Concerto de Fin de Curso.

O día 29, na Casa de Cultura, tamén se celebrará a Graduación do alumnado desta promoción 2021.

En total, son unha trintena de mozos e mozas que aínda que nesta ocasión, non se poden despedir como nos gustaría coa súa música en directo, faráselle un recoñecemento ó seu grandísimo traballo e esforzo que realizaron en todos estes anos.

Nestes días 21, 22 e 23 tamén se están a celebrar as probas de acceso a 1º curso de Grao Profesional, así como tamén nestes días se celebraron as probas dos Premios de Fin de Grao e tamén se entregarán o día 29 no acto de Graduación.

A matrícula para o curso 2021-2022 estará aberta dende o luns 21 ata o martes, 29 de xuño (ambos inclusive).

Dende a dirección do centro, queren salientar da totalidade do alumnado o bo traballo, o enorme esforzo, a inmellorable adaptación a todos os imprevistos e ás novas normas que viñeron marcadas pola convivencia coa pandemia. Un alumnado de luxo que calquera desexaría ter.