Continúan as charlas formativas na Escola Rural de Saúde da Limia

DR MORAN DRA LUZ PEREZ
Continúan as charlas formativas na Escola Rural de Saúde da Limia

Na última celebrada nos locais da asociación trataron o abordaxe do enfermo demenciado no propio domicilio

Nesta ocasión a encargada de levar a cabo a charla foi a Dra. Luz Pérez Álvarez, recentemente incorporada ao Servicio de Medicina Interna do hospital de Verín.

A Dra.Pérez conta cunha longa experiencia no tratamento de enfermos crónicos na rede hospitalaria de Portugal. Falounos da súa experiencia con este tipo de enfermos, a súa visión da realidade así como da importancia da contorna familiar e da súa aplicación na práctica diaria.

DR LUZ PEREZ  paciente enfermo demenciado“En el Hospital de Verín, el enfermo crónico de edad avanzada supone cerca del 90% de los pacientes hospitalizados. Si sumamos la pluripatología, la polifarmacia y el grado de escasa movilidad de dichos enfermos, el hospital ofrece, desde nuestro modesto punto de vista, y con la familiaridad característica de un hospital comarcal, un manejo integral en estos enfermos”.
50% dos pacientes entran no hospital con deterioros cognitivos
A deterioración cognitiva dos pacientes, chegando a constituír preto do 50% da hospitalización en Verín, é un factor que moitas veces condiciona o seu tratamento e o seu prognóstico a curto e a longo prazo, o que fai que o Servizo de Medicina Interna conte cunha gran experiencia neste tipo de enfermos. Grazas ao servizo de enfermería, ao equipo médico e ao manexo multidisciplinar, a deterioración da mobilidade do enfermo no noso hospital é menor.

Próximas charlas

En próximas semanas darase continuidade ás charlas abertas á poboación, nas que se abordarán de maneira paulatina os temas relacionados coa atención aos enfermos crónicos e a toma de decisións e documentación relacionada coa asistencia sanitaria. Para inscripcios, contactar coa asociación/wapsap en el tf 60378443 ou a través do

email escolaruraldesaudedalimia@yahoo.es o pág web www.escolaruraldesaudedalimia.com