Continúan os roubos a igrexas na Limia, esta vez con tres novos casos en menos dunha semana

232
Continúan os roubos a igrexas na Limia, esta vez con tres novos casos en menos dunha semana

O obispado de Ourense suma tres novos roubos nas igrexas da comarca da Limia. Os ladróns entraron nesta ocasión nos templos de Vilaseca e Zos, ambos no municipio de Trasmiras e na igrexa de San Esteban de Sandiás. Os templos da comarca da Limia estan sendo saqueados de forma impune no último mes. Todo parece apuntar a unha banda que busca de forma sitemática diñeiro, xoias ou calquera cousa que sexa fácil de vender.

No primeiro, segundo o párraco Ramón García, leváronse cartos que había nos lampadarios e nos cepillos, unhos 200 euros. O suceso produxose na madrugada do día 3. Os autores forzaron a porta na que causaron graves destrozos e que onte xa estaba reparados polos feligreses. Os ladrós revolveron todo o templo. O propio párraco percatouse do roubo e tras inspeccionar as imáxes relixiosas e obxectos de valor, só botou en falta os cartos dos lampadarios e cepillos.

O día seguinte o párraco de Zos, localidade situada a unhos cantos kilómetros de Vilaseca, chamaba a Guardia Civil decindo que os ladróns entraran na igrexa tamén. Utilizaron o mesmo modus operandi que nos outros casos, forzando a porta de forma violenta e logo sustraendo os cartos dos lampadarios e cepillos. Os autores do delito revolveron o templo por completo e según os veciños "deixaron todo patas arriba". Pero en concreto, os ladróns fixáronse nas distintas imáxes relixiosas que hai nos altares e colleron a acdea de ouro que unha devota lle colgara no pescozo a Santa Lucía.

O último roubo producíase na noite do pasado sábado na igrexa parroquial de San Esteban de Sandiás. Os ladróns conseguiron entrar tras forzar a porta durante a noite.

233Manuel Fernández Vidal, párroco do templo e que se enterou do roubo cando acudiu a igrexa a oficiar a misa das 11,30h, explica que "entraron tras forzar a entrada e ían a por os cartos do limosnero, pero o peor é a porta, que era de madeira e tiveron que facer moito destrozo para abrila". Engade que "agora haberá que ver se ten arreglo ou temos que facer unha nova". Ademáis dos destrozos ocasionados na porta e do roubo das limosnas, os ladrós tamén se levaron o collar da Virxe.

Miguel Ángel González, responsable de Patrimonio da Diócesis de Ourense, apunta a que "debe de ser xente que coñece o terreo, que son do entorno ou que previamente tiñan preparado o roubo". Recomenda que non se deixen obxectos de valor e menos de ouro, porque son fáciles de vender.

O de Sandiás, Vilaseca e Zos sumánse os roubos sucedidos nos pasados 15 días, o pasado día 19 as limosnas na igrexa de Piñeira Seca, o día 22 fixeron o mesmo no monasterio de Bon Xesús de Trandeiras. O pasado 20 de abril tamén intetaron entrar no templo de Abavides, aínda que non lograron o seu obxectivo.