"Coren vai de salvapatrias e quérenos vender a moto unha vez máis"

IMG_1238.1
"Coren vai de salvapatrias e quérenos vender a moto unha vez máis"
O comunicado non explica como van a ser capaces de tratar desta vez o 100% dos xurros, nin onde se estaban vertendo estes residuos nocivos ata agora

COMUNICADO DO MOVIMENTO ECOLOXISTA DA LIMIA (MEL)

O venres pasado (20-9-19) no salón de plenos do concello de Xinzo de Limia, reuníronse os membros da Mesa da Limia. O Sr.Conselleiro falou do grave problema dos puríns e anunciou a bombo e platillo que desde Medio Rural iban construir catro grandes centros de tratamentos de xurros nas comarcas galegas que como A Limia teñen unha carga gandeira elevada.

Onte, Coren, anuncia que vai por en funcionamento unha depuradora que tuvo que pechar no 2014 porque non funcionaba como é debido e realmente no depuraba nada, limitábase a producir electricidade queimando exclusivamente gas natural. Loxicamente o estado retiroulle a prima das renovables.

Agora sae na televisión dicindo que van reaperturar de novo esta planta e que vai tratar TODO O PURIN DA LIMIA. ¿será está a planta que anunciaba o conselleiro para a Limia? ¿ou a consellería fará a sua propia planta? ¿a cal delas levaran os granxeiros os xurros?

Este comunicado é moi parecido(ver hemoroteca) ó que que no ano 2007, anunciaba a bombo e platillo que esta mesma pranta iba procesar 100.000 das 600.000 toneladas de xurros que en aquel intre se producían, recoñecendo xa daquelas que estes residuos estaban xerando unha contaminacion ambiental na comarca que había que atallar.

O comunicado non explica como van a ser capaces de tratar desta vez o 100% dos xurros, nin onde se estaban vertendo estes residuos nocivos ata agora.

Por outro lado, anuncia tamén que van aumentar a planta de producción eléctrica que ten en Santa Cruz de Arrabaldo onde utilizan con combustible os escrementos avícolas o único abono apreciado polos agricultores da comarca, que deste xeito non terán acceso ó mesmo. Queimar non é a solución, a compostaxe e o método mais natural e eficiente para producir fertilizantes saneados.

Se ditas accións se levan a cabo agora para compatibilizar a súa

actividade co máximo respeto o medio ambiente, ¿Qué é o que facian anteriormente? ¿Donde foron a parar os millóns de toneladas de residuos gandeiros producidos nos últimos anos? ¿Qué se está facendo con eles a día de hoxe?. Sabemos que a fiscalía de medio ambiente está investigando a unha empresa de camións cisterna que foi a encargada todos istes anos de facer desaparecer os xurros da industria porcina.

Niste punto decir que extráñanos que a fiscal dixera públicamente que os residuos gandeiros non teñen nada que ver ca contaminación do encoro e das augas subterráneas e debería pronunciarse o respecto de tales aseveracións.

Por último decir que poida que non haxa ainda ninguna actuación o procedimiento xudicial dirigido contra Coren , pero si sabemos que existen numerosas denuncias por delito ecolóxico en fase de investigación contra esta empresa, así como varias denunciás contra os camiones cisternas que transportan os xurros, por vertelos a cano libre nos nosos montes.

Coren vai de salvapatrias e quérenos vender a moto unha vez máis. Maquillan todo, enrevesan todo, confunden a todos … Os ciudadanos necesitamos feitos positivos a favor da saúde pública, de momento Coren só nos ten mostrado os negativos.