O Coro das Emocións do Rosalía de Castro actuou onte na Praza da Música

O Coro das Emocións do Rosalía de Castro actuou onte na Praza da Música
Máis dun cento de rapaces de E.Infantil

Dentro dos moitos programas de Innovación Educativos aos que está adherido o noso centro, este ano comezamos a traballar en coordinación coa Fundación Botín no seu programa Educación Responsable.

O Coro das Emocións é un recurso educativo, englobado dentro deste proxecto, deseñado para desenvolver, por medio do canto en grupo, as competencias emocionais, sociais e creativas que constitúen o verdadeiro obxectivo de todos/as os/as participantes.

Trátase dun recurso musical progresivo ideado para ser implementado desde 4º de Educación Infantil ata sexto de Educación Primaria, centrándoo nós en toda a etapa de Educación Infantil coa idea de consolidar un “coro” dentro do noso cole.

Traballouse dende xaneiro ata maio en seis sesións de traballo, que culminaron hoxe nunha actuación final, facendo partícipes a todas as familias do brillante resultado final desta actividade

Aínda que é importante ter ben presente que o recurso non se fixa como meta última a conquista da excelencia coral, o Coro das Emocións céntrase nese mesmo canto coral, entendido como unha actividade atractiva, alcanzable e enriquecedora para todo o alumnado, con independencia dos dotes vocais ou musicais de cada cal.

Tivemos unha mañá chea de aprendizaxes e de posta en escea de tantas horas de traballo levadas a cabo polas mestras. ás que debemos agradecer a súa implicación neste proxecto, e polo alumnado de Educación Infantil, verdadeiro protagonista do noso gran Coro das Emocións!