CURSO DE ASISTENTE PERSOAL NO MEDIO RURAL
O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, membro da Confederacion de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER), pomos en marcha un novo itinerario de inserción sociolaboral orientado a frear o despòboamento co Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES-CCI2014ES05SFOP012), dentro do seu eixe para promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación.
A formación deste itinerario de inserción sociolaboral denomínase CURSO DE ASISTENTE PERSOAL NO MEDIO RURAL, cunha duración de 50 horas e está aberto o prazo de inscrición ata o 27 de setembro.
• O curso de formación iníciase o día 06/10/2021 e dura ata 20/12/2021.
• Impartirase na modalidade de Teleformación.
• Haberá sesións on-line os mécores e xoves.
O obxectivo que se quere acadar é: adquirir as competencias e habilidades cas que debe contar un asistente persoal para persoas en situación de dependencia, a base dos seus principios e valores no exercicio desta profesión. A figura do asistente persoal cada vez ten unha maior demanda, o que incide na creación de novos postos de traballo no medio rural.

Os requisitos para poder participar son:
– Estar en idade activa,
– Ter DNI/NIE con permiso de traballo.Os itinerarios son gratuítos, financiados polo Fondo Social Europeo (FSE invierte no teu futuro) e pola Xunta de Galicia a través do Programa Integral de Intervención Comunitaria no Medio Rural (con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado pola Consellería con competencias en materia de política social). Para inscribirse poden:
Contactar con nós: CDR O VISO. Rúa Ladeira, 21, Baxio. Xinzo de Limia. Teléfono: 988 46 1571
Realizar a inscrición online: https://forms.office.com/pages/responsepage.aspx?id=BwXtmPFigky4VNR1Onx3Gy29-shpHf9Bkj7Ni3wulo1UM1NINkU1TzQxRE1XMzZCNE5ITTQwS1M3MC4u