Curso de formación en asistente persoal

7
Curso de formación en asistente persoal

Do 20 de setembro ao 20 de decembro

Dentro do programa POISES, este itinerario desenvolverase do 20 de setembro ao 20 de decembro e contén formación en liña en asistente persoal no medio rural.

Os itinerarios son gratuítos e financiados polo Fondo Social Europeo ( FSE inviste no teu futuro) e o Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 (con cargo ao 0’7% do imposto de sociedades e outros fins de interese social).

10 de setembro de 2021
COCEDER pon en marcha un novo itinerario de inserción sociolaboral orientados a frear o despoboamento para mulleres do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social ( POISES- CCI2014ES05 SFOP012), dentro do seu eixo para

promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de

discriminación.

A formación deste itinerario de inserción sociolaboral para mulleres é sobre asistente persoal no medio rural e está aberto o prazo de inscrición ata o 20 de setembro. O curso impartirase pola plataforma de COCEDER en directo os mércores e xoves, dará comezo o 6 de outubro e estenderase durante 50 horas ao longo de oito semanas (ver calendario e programación). O obxectivo que se quere conseguir é adquirir unhas competencias e habilidades coas que debe contar un asistente persoal, a base dos seus principios e valores no exercicio desta profesión. Esta figura do asistente persoal cada vez ten unha maior demanda, o que incide na creación de novos postos de traballo no medio rural. O itinerario consta de 70 horas en total -do 20 de setembro ao 20 de decembro-, e consiste nunha orientación laboral individualizada (10 horas), unha formación específica sobre asistente persoal (50 horas), e unha formación complementaria sobre igualdade de oportunidades e sensibilización ambiental (10 horas). Os requisitos para poder participar son: – ser muller en idade activa, – ter DNI/ NIE con permiso de traballo. Os itinerarios son gratuítos e financiados polo Fondo Social Europeo ( FSE inviste no teu futuro) e o Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 (con cargo ao 0,7% do imposto de Sociedades e outros fins de interese social).

Inscripcións: https://forms.office.com/r/ZLuGWFFgCZ.