David Carnero súmase á nosa nómina de colaboradores

David Carnero
David Carnero súmase á nosa nómina de colaboradores
Este célebre limiao falará do que máis lle apaixona, o deporte REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia Dende A Limia ten novo colaborador! Había tempo que...

Este célebre limiao falará do que máis lle apaixona, o deporte

REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia

Dende A Limia ten novo colaborador! Había tempo que non dábamos unha destas novas, que son as nosas preferidas, as que demostran que pouquiño a pouco a nosa pequena gran familia vai medrando en membros e diversidade.

Hoxe presentámosvos a David Carnero Lorenzo, aínda que moitos de vos de seguro xa coñecedes a este licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deportes, especializado na preparación física en fútbol e na dirección e adestramento de equipos. David ten sido adestrador de fútbol UEFA A, adestrador nacional de atletismo e de fisioculturismo. Este limiao amante do deporte traballou nos últimos catro anos co UE Sant Adreu (2ª división BG3), o Melita da Premier League de Malta a no CD Ourense. Agora, fichámolo nós! Se queres ler o seu artigo de presentación preme aquí.