domingo 24/10/21

O DELEGADO TERRITORIAL DA XUNTA EN OURENSE ABOGA POLO ABANDONO DO CONSUMO DE TABACO

Gabriel Alén lembrou que o tabaquismo mata a 8 millóns de persoas ao ano, e que a actual pandemia que estamos a sufrir pode ser o escenario idóneo para que os consumidores de tabaco teñan a motivación  necesaria para abandonar este hábito

310521 Día Mundial sen Tabaco 3
Día Mundial sen Tabaco

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, sumouse esta mañá, no Día Mundial Sen Tabaco, ao lema da Organización Mundial da Saúde, ‘Quen o deixa, gaña’, dentro dunha campaña mundial dun ano de duración dende o 2020, coa mensaxe ‘Comprométeche a deixalo durante a COVID-19’, para que os fumadores inicien o abandono do consumo de tabaco durante a pandemia polo COVID-19.

310521 Día Mundial sen Tabaco 1O delegado territorial lembrou que o tabaquismo mata a 8 millóns de persoas ao ano, e que a actual pandemia que estamos a sufrir pode ser o escenario idóneo para que os consumidores de tabaco teñan a motivación  necesaria para abandonar este hábito, xa que tamén é un importante factor de risco de enfermidades non transmisibles, como enfermidades cardiovasculares, cancro, enfermidades respiratorias e diabetes.

Gabriel Alén subliñou que dende a Xunta estanse a desenvolver estratexias para erradicar da sociedade o consumo de tabaco como a actividade de Promoción de Vida sen Tabaco no ámbito escolar ‘Clases sen Fume’, que neste curso 2020/2021 acadou a súa XIX edición.

Este programa –explicou o delegado- ten como obxectivo evitar o inicio do consumo de tabaco mediante un concurso en que alumnos e profesores de aulas de 1º ou 2º da ESO comprométense a non fumar durante 6 meses e elaborar dúas actividades relacionadas coa promoción de vida sen tabaco, que permiten optar a distintos premios. Participaron nesta edición 648 alumnos de 33 aulas de 11 centros educativos.

En todo o mundo, hai 1,3 billóns de fumadores dos que, ao redor de 780 millóns de persoas queren deixar de fumar. Despois do alcohol, o tabaco é a substancia psicoactiva máis consumida en España entre a poboación de 15 a 64 anos segundo a derradeira enquisa EDADES do Ministerio de Sanidade, cunha prevalencia de consumo algunha vez na vida do 70,0%, e prevalencia do consumo diario de tabaco do 32,3% da poboación.

Con este datos é de especial importancia celebrar este día para fomentar políticas eficaces de redución deste consumo e sinalar os riscos do consumo de tabaco para a saúde