O dendealimia.com recollido no novo mapa dos medios galegos

Logotipo do novo portal web.
O dendealimia.com recollido no novo mapa dos medios galegos

O dendealimia.com destaca como o único medio do sur de Ourense e un dos poucos de Galicia exclusivamente en galego.

Nace mediamapa.gal, un espazo na rede adicado ao coñecemento do mundo mediático galego que ten como obxectivo achegarlle ao conxunto da cidadanía unha ferramenta sinxela para explorar os medios de comunicación de Galicia.

MediaMapa.Gal é un proxecto promovido por Cruz Negreira para crear o mapa dos medios galegos

O elemento principal do sitio é un mapa no que se pretenden recoller todas as iniciativas mediáticas activas no país a través dun mapa interactivo no que os usuarios poden localizar e coñecer as características básicas de cada un destes medios de comunicación.

O mapa interactivo recolle ao dendealimia.com como o único medio de comunicación da zona sur de Ourense e de ámbito comarcal –A Limia e a Baixa Limia–. Así mesmo recolle tamén outras iniciativas mediáticas de ámbito local ou provincial espalladas por toda a xeografía de Galicia.

Trátase dun proxecto promovido pola xornalista e doutoranda en Comunicación e Información Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela, Cruz Negreira.

O proxecto desenvólvese ao abeiro da bolsa Nacho Mirás, creada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, patrocinada por Abanca e en colaboración coa Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.