A Deputación de Ourense destinará 50.000 euros para a protección xurídica das persoas con enfermidade mental

Manuel Baltar, cos directivos de Morea e Miguel Santalices
A Deputación de Ourense destinará 50.000 euros para a protección xurídica das persoas con enfermidade mental

Manuel Baltar confirmoulle á presidenta da Asociación \“Morea\” a achega do goberno provincial, que se fará efectiva nos orzamentos de 2016, que se aprobarán en setembro

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no seu despacho do Pazo Provincial á presidenta da Asociación de Familiares e Enfermos Mentais \“Morea\”, María Ángeles Fernández, acompañada polo vicepresidente do Parlamento de Galicia e voceiro de Sanidade do Grupo Parlamentario Popular, Miguel Santalices. Na xuntanza analizaron a situación dos servizos sociais na provincia de Ourense e os proxectos que está a desenvolver o goberno provincial neste ámbito, entre os que figuran o Plan BenOurense.

Manuel Baltar confirmoulle a María Ángeles Fernández que a Deputación de Ourense destinará nos orzamentos de 2016 –que se aprobarán o vindeiro 25 de setembro- a cantidade de 50.000 euros para o servizo de protección xurídica de persoas con discapacidade por enfermidade mental, que leva a cabo \“Morea\”. O obxectivo é realizar proxectos que redunden na mellora da calidade de vida dos enfermos mentais e das súas familias na provincia de Ourense e, en concreto, dar cobertura a situacións no ámbito laboral e na protección xurídica.

\“O apoio a \“Morea\” dende a institución provincial é firme e necesario, pois no seu traballo reflíctese a verdadeira esencia dos servizos sociais, personificada na entrega, sacrificio e constante desexo de evolucionar nun ámbito tan complexo e difícil como é a saúde mental\”, afirma Manuel Baltar.

\“Morea\” naceu no ano 1994 como un pequeno grupo de familiares de persoas con enfermidade mental crónica de Ourense, unidos pola necesidade de facer fronte ás problemáticas socio-sanitarias que xera o coidado deste doentes. Hoxe en día, a asociación \“é coñecida, respectada e valorada, -explica a presidenta- e cos apoios e recursos necesarios as persoas afectadas e as súas familias poden desenvolver unha vida plena e digna\”.