martes 26/10/21

A Deputación Provincial outorgoulle ao CDR o Viso unha subvención de 15.000 €.

A subvención serve para darlle continuidade ás actividades que o CDR ven desenrolando dende 1991

cdr viso 3

O proxecto do CDR é un proxecto de continuidade (dende o ano 1991), un proxecto integral de intervención actualizado co que pretendemos seguir desenvolvendo actuacións preventivas e de dinamización da comunidade aportando solucións innovadoras ás problemáticas.

Dáse cobertura a moitas das necesidades da poboación limiá dándolle un enfoque moi específico.
A soidade das persoas maiores, a crise demográfica, a falla de políticas de conciliación real, a fenda dixital, a falta de oportunidades laborais... fan imprescindible a continuidade do noso proxecto integral dirixido a toda a comunidade.

cdr viso 2Así na área de Atención á comunidade e servizos de proximidade salientar o Programa de emerxencia ás necesidades básicas e outros recursos, o servizo de comedor social a domicilio e no centro, a vivenda comunitaria, o servizo de lavandaría e hixiene persoal, o servizo de préstamo de axudas técnicas, acompañamento a citas e xestións, transporte adaptado...
Pero tamén a Atención psicolóxica e terapia ocupacional no centro e a domicilio: atención psicosocial e de terapia ocupacional nos fogares das persoas maiores e persoas con discapacidade que foron das que máis sufriron os efectos sociais da crise sanitaria creada pola COVID-19 (soidade, medo, illamento...), para garantir a súa saúde emocional e mental.
E a alfabetización dixital para persoas maiores: talleres de aprendizaxe e uso básico do teléfono móbil, tablets e outros dispositivos. Porque nos últimos meses fomos conscientes da dificultade de moitas persoas, participantes nos programas do CDR, no manexo destas ferramentas para cousas tan importantes como vacinación, chamadas a cribados masivos, comunicación coas familias. etc.
Na área educativa e de conciliacion traballamos a prol da conciliación real da vida persoal, familiar e laboral das familias da comarca da Limia tendo en conta ademáis as necesidades afectivas, sociais e emocionais da infancia. Co Concilia no rural: actividade socioeducativa dirixida á infancia (3-12anos) para garantir a conciliación das familias que residen nas aldeas da comarca da Limia durante todo o ano e especialmente nos meses de xullo e agosto, pondo en valor a contorna natural e social, o sentir comunitario e a vivencia inter-xeracional exercendo discriminación positiva cara as persoas que apostan por vivir nas aldeas limiás.
cdr viso 1
Na área de inclusión social e laboral facemos unha laboura de información, asesoramento e apoio sociolaboral a persoas en risco de exclusión; atención a persoas en risco de exclusión social para mellorar as súas capacidades persoais e laborais, mellorar a súa empregabilidade e calidade de vida, itinerarios personalizados de insercción social e laboral.
E na área do reto demógráfico temos o programa de sensibilización e concienciación sobre o despoboamento e a necesidade de emprendemento no medio rural. Achegamos ás novas persoas poboadoras: información e asesoramento continuado sobre recursos, axudas, accesos á vivenda e servizos dispoñibles tanto públicos como privados na comarca da Limia; acompañamento e axuda na realización de xestións que faciliten a incorporación de novas familias na nosa comunidade.