Desta vez, si podemos dicir que o regadío vai adiante (Amador Díaz)

rio-limia
Desta vez, si podemos dicir que o regadío vai adiante (Amador Díaz)

Hoxe firmouse na Coruña o compromiso por parte das dúas administracións( Estado e Xunta)

O conselleiro do Medio Rural reuniuse co delegado do Goberno en Galicia e co presidente da Sociedad Mercantil Estatal de Infraestructuras Agrarias-Seiasa. A reunión asistiron Julio Montero, Manuel Gómez, Amador Saburido e Amador Díaz, como representantes das comunidades de regantes de San Salvador de Sabucedo (Porqueira), Lamas Ganade, Corno do Monte e Alta Limia.

A Coruña
O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, mantén unha xuntanza de traballo co presidente de Sociedade Mercantil Estatal de Infraestruturas Agrarias-SEIASA, Francisco Rodríguez, e os presidentes de catro comunidades de regantes para analizar a situación actual do proxecto de mellora dos regadíos da Limia.
08/03/2022
Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña
A Coruña O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, mantén unha xuntanza de traballo co presidente de Sociedade Mercantil Estatal de Infraestruturas Agrarias-SEIASA, Francisco Rodríguez, e os presidentes de catro comunidades de regantes para analizar a situación actual do proxecto de mellora dos regadíos da Limia. 08/03/2022 Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

Amador Díaz representante dunha das comunidades de regantes a vez que Presidente da Asociación de produtores de pataca destacaba a importancia desta reunión levada a cabo na Delegación do Goberno en Galicia coa presencia do Conselleiro de Medio Rural e o Delegado de Goberno, no sentido en que a partir de hoxe podemos dicir que o regadío vai adiante. Foron moitos os anos que levamos loitado por este proxecto e por fin vemos o fin do túnel. Neste momento xa está asinado o compromiso das dúas institucións que aportarán os orzamentos necesarios para levalo a cabo.

A Coruña
O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, mantén unha xuntanza de traballo co presidente de Sociedade Mercantil Estatal de Infraestruturas Agrarias-SEIASA, Francisco Rodríguez, e os presidentes de catro comunidades de regantes para analizar a situación actual do proxecto de mellora dos regadíos da Limia.
08/03/2022
Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña
Representantes dos agricultores a dereita

MAIS DE TRES MILLÓNS APORTARÁN OS AGRICULTORES

Tamén os agricultores das catro comunidades teremos que aportar o 20% do investimento total que superará os tres millóns de euros.

A partir de hoxe podemos dicir que o regadío vai adiante

Trámites pendentes e necesarios

O conselleiro sinalou que o inicio destas obras está unicamente pendente das preceptivas autorizacións por parte da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, polo que reiterou a petición ao Goberno do Estado para que axilice os trámites necesarios.

Segundo indica Amador, tal e como van de adiantados esperan que os informes positivos do Ministerio da comunidade de Lamas Ganade estean asinados en 30 días e os das outras tres noutros trinta máis.