DINAMIZACIÓN DAS PERSOAS MAIORES DO RURAL

402
DINAMIZACIÓN DAS PERSOAS MAIORES DO RURAL

A Asociación Escola Rural de Saúde dá Limia leva aos seus socios de visita

Un colectivo de persoas que asisten asiduamente aos cursos que ofrece a asociación aproveitaron o bo tempo para facer visitas a lugares de interese na súa zona de influencia. Os participantes de entre 50 e 85 anos visitaron o Festival de Xardíns de Allariz, que este ano están dedicados a memoria, así como o museo do xoguete na mesma localidade.

Centro Interpretacion Lagoa AntelaSandiás

Outra das súas visitas foi o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela en Sandias, así como unha andaina dende Arnuide ós Milagros.

Todas estas actividades englobadas nas actividades culturais e recreativas pretenden impulsar a integración destas persoas na sociedade actual, sendo participativas e dinámicas. O financiamento , corre a cargo da Deputación Provincial ademais de entidades públicas e privadas dos lugares que visitaron.