DUAS BANDAS DE GAITAS DE XINZO VEÑEN DE PARTICIPAR Fase Final da XXIV Liga Galega de Bandas de Gaitas OBTENDO UN 1º E UN 3º POSTO

Banda B en plena actuación en Mos
DUAS BANDAS DE GAITAS DE XINZO VEÑEN DE PARTICIPAR Fase Final da XXIV Liga Galega de Bandas de Gaitas OBTENDO UN 1º E UN 3º POSTO
Este pasado sábado 26 de Xullo celebrouse no Concello pontevedrés de Mos a Fase Final da XXIV Liga Galega de...

Este pasado sábado 26 de Xullo celebrouse no Concello pontevedrés de Mos a Fase Final da XXIV Liga Galega de Bandas de Gaitas. Liga na que compiten bandas de toda Galicia e incluso de fóra. Din os compoñentes, que pronto necesitarán mais sitio para os trofeos 

Este ano como nos anteriores, dúas das Bandas pertencentes a Escola Municipal de Gaitas e Percusión de Xinzo de Limia volveron a traer para a nosa vila varios premios. Neste caso a Banda "Escola Municipal de Gaitas e Percusión Xinzo de Limia Nº2, tamén coñecida por moitos co nome de "Banda C", acadou o 3º Premio da terceira categoría. Premio que ten moito mérito xa que moitos dos seus compoñentes aínda non levan 1 ano tocando.

Pero na segunda categoría foi a Banda "Escola Municipal de Gaitas e Percusión Xinzo de Limia Nº1, coñecida polo nome de"Banda B" a que se encargou de traer o primeiro premio. Pois nada, soamente felicitalos a todos eles polo seu traballo e sacrificio e a seguir acadando premios.