Dúas medallas de ouro por equipos e unha individual

IMG-20210802-WA0027(1)
Dúas medallas de ouro por equipos e unha individual

As dúas bandas A e B de Xinzo primeiras clasificadas no certame de Manzaneda e unha medalla de ouro en individual para Lara Sotelo Nogueiras.

No certame Celtibérico de Bandas de Gaitas celebrado onte en Manzaneda o podío estivo copado polas duas bandas representativas da Escola Municipal de Gaitas de Xinzo, así como tamén o primeiro posto como solista, Lara Sotelo Nogueiras foi elexida polo xurado como a mellor solista de menores de 18 anos.

Banda B, campiona do 2º Grado

IMG-20210802-WA0029

A Banda B, que participaba na segunda categoría do certame interpretou a “Suit2021” cunha duración de 8 minutos composta por varios temas tradicionais, Alborada de Celanova, Alalá de Amoeiro, Foliada do Ulla, Danza das espadas de Redondela e A Pequerrecha, sendo o seu autor Sodat Louis.

Banda A (titular) campiona do 1º Grado.

IMG-20210802-WA0028

Tamén o primeiro premio do certame no 1º grado, veuse para Xinzo, obtido pola Banda A. <<tamén interpretou a “Suit2021” esta vez do autor An Dro Bieg da que forman parte composicións tradicionais como a Alborada de Beade, Song for small pipe, Xota de Laroá, muiñeira de Viloira e muiñeira de Lixeiriña.