Emprego e futuro no rural

20-22-45-47.admin.WhatsApp_Image_2023-03-20_at_17.27.56
Emprego e futuro no rural
Foron convidados os proxectos de Mercedes Veites (obradoiro de costura Lumecu), Paula Limia (fotógrafa, @paula_limia), Ana Parada (estudo de tatuaxes Atrave) e Raúl Mera (Xpazo, Carlin, Tenda R, entre outros).

O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso organizou unha xornada no Xpazo que implica ó IES Lagoa de Antela e a catro proxectos empresariais da comarca para analizar co alumnado de 4º da ESO e de Formación Profesional as posibilidades laborais da zona e as vías para lograr os seus obxectivos formativos e laborais.
Foron convidados os proxectos de Mercedes Veites (obradoiro de costura Lumecu), Paula Limia (fotógrafa, @paula_limia), Ana Parada (estudo de tatuaxes Atrave) e Raúl Mera (Xpazo, Carlin, Tenda R, entre outros).

20-22-44-5.admin.WhatsApp_Image_2023-03-20_at_17.27.57

A actividade, presentada por Camilo Vila como responsable dos proxectos contra o despoboamento do CDR O Viso, serviu como oportunidade para que a mocidade do instituto local ampliase a súa perspectiva á hora de construír e incorporarse a proxectos. Dámaris Otero, orientadora laboral do CDR fixo unha revisión socioeconómica da contorna para expoñer os nichos de emprego con máis potencial.

20-22-43-19.admin.WhatsApp_Image_2023-03-20_at_17.28.01

O acto, que representa o traballo dos proxectos Volveralpueblo.org e POISES, (Programa Operativo de Inclusión Social y Economía Social) é posible grazas ao financiamento que provén do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e do Ministerio de Traballo e Economía Social que vén desenvolvendo o CDR O Viso nos últimos anos na Limia.