A parella quería que a súa cerimonia fose o máis normal e desapercibida posible, por iso decidiron casar o luns de entroido, cando todo o mundo anda o seu. Tamén o fixeron, eles e os seus invitados disfrazados, para que ninguén “dera o cante”. Ata que aconteceu que a charanga que tocaba a esa hora pola rúa interrompía a cerimonia co seu son. Nese momento o oficiante, concelleiro de Xinzo, invitou aos músicos a homenaxear os contraentes, solicitando a súa presenza no salón nobre do concello.
Un pouco reticentes, en principio, porque pensaban que se trataba dunha comparsa facendo o seu espectáculo. Pero a cousa era seria, formal, e con todas as “bendicións” xudiciais, pasaron, e o que se pretendía que fose para eles e os seus convidados, por mor das cámaras de TVG, converteuse na noticia do luns de entroido de Xinzo.