“Encántalles que esteamos pendentes de que están ben”

IMG-20200326-WA0025
“Encántalles que esteamos pendentes de que están ben”

Protección Civil de Xinzo visita todos os pobos cada dous días

Dende que entrou o estado de alarma para os 26 membros de protección civil do Concello de Xinzo o tempo quedou parado, 24 horas máis 24horas os sete días da semana están operativos.

Repartidos en dous grupos reducidos de mañá e tarde percorren os pobos do municipio para levar alimentos e medicamentos a todos aqueles, normalmente maiores de alto risco, que piden axuda.

Os últimos catro días levannos repartindo alimentos aos vecinos necesitados e, de paso, botando unha man nas labores de desinfección.

A reacion da xente é estupenda, encántalles que esteamos pendentes de que están ben. Estamos a visitar todos os pobos da localidade polo menos unha vez cada dous días, visitando en persoa á xente máis maior ( sempre con seguridade e distancia), vixiando que a xente cumpra coa corentena e mediante o altofalante lembrámoslles o importante de cumprila correctamente.

IMG-20200326-WA0024

REPARTO DO ESCASO MATERIAL DE PREVENCIÓN

Outra das tarefas que están a levar a cabo, é a de ir a buscar, e logo repartir, o pouco material de prevención que está chegando ao Concello (LUVAS, EPIS ETC.)