O envellecemento da pel pódese deber á xenética, aos hábitos, á comida, ao frío ou ao sol

20
O envellecemento da pel pódese deber á xenética, aos hábitos, á comida, ao frío ou ao sol

Máis de medio cento de limiaos asistiron á charla no Salón de Plenos da Casa do Concello de Xinzo de Limia.

Esta é a teoría presentada por Alfredo Cueto na xornada organizada polo Centro de Estética Saxa de Xinzo de Limia á que acudiron máis de medio cento de persoas que non perderon ningunha das explicacións do especialista, non só nas causas , senon tamén no seu posible tratamento, totalmente novidoso.

21

O pasado día 14 de xaneiro celebrouse no Salón de Plenos do Concello de Xinzo de Limia a conferencia informativa "envellecemento, beleza e benestar", impartida por Alfredo Cueto e organizada por Isaura Caramés, propietaria do Centro de Estética Saxa da capital da Limia dende fai 20 anos.

O evento reuniu a máis de medio cento de asistentes que puideron seguir con atención o desenvolvemento do acto.

A charla-coloquio era organizada por Isaura Caramés, que despois de agradecer a todos os asistentes pola súa presenza, fixo unha curta presentación do acto e deu paso ao relator que ía impartir a charla.

O conferenciante, Alfredo Cueto, é un especialista no mundo da estética, cunha ampla experiencia no sector, na que destaca a súa labor no eido da investigación e a divulgación.

19

Durante a conferencia explicou as causas que provocan o envellecemento da pel, tales como a xenética, os hábitos, a comida, o frío ou o sol. Fronte a estes problemas, achegou unhas propostas novidosas, baseadas na aplicación duns tratamentos que teñen, como base principal, o diagnóstico, unhas técnicas de cabina e a aplicación produtos de carácter natural, sen ningún tipo de contaminante –en especial os derivados do petróleo–. Asemade, soubo chegar ao público cunha linguaxe sinxela baseada en exemplos da vida cotiá, o que lle permitiu transmitir uns conceptos básicos do coidado diario e a importancia de coidar a pel empregando cremas específicas de calidade.

Á conclusión da conferencia, Isaura Caramés e Alfredo Cueto, contestaron as cuestións que o público presente lles formulou. Os asistentes despediron tanto ao poñente como á organizadora con aplausos, demostrando así o resultado positivo da charla.