EROSKI, acaparou as compras de Nadal na Limia

162
EROSKI, acaparou as compras de Nadal na Limia

O aparcamento con 180 plazas estivo cheo perante todo o dia

Duascentas persoas/hora pasaron de media por caixa perante as mais de dez horas que se mantivo aberto o híper que se atopa na Avd/ de Celanova.

A promoción anunciaba a devolución do 50% da compra en cheques a gastar no propio hiper ata o mes de marzo. A instantánea mostra as colas nas caixas as 20:30 horas.

DOUSCENTOS EUROS DE MEDIA POR COMPRA

Falando co xerente do híper indicounos que a media de persoas que pasaron polas caixas do súper foi de 200 a hora e que a media de compra foi de 200 €. Tres gardas de seguridade e 50 persoas chegadas de outros establecementos fixeron posible que con toda a avalancha de clientes que houbo no día, non existiu incidencia destacable , nin os estantes estiveron desabastecidos en ningún momento.

163

Está claro que esta foi unha medida de marketing extraordinaria debido a apertura a semana que ven doutro híper na vila.

Con respecto a este tema o xerente continuou dicindo , que con isto o único que vai a gañar será o consumidor, posto que xa hai moita xente da comarca que son clientes desa gran superficie e ata agora tíñanse que desprazar a Verín ou Ourense. A partir de agora aforrarán na viaxe. O que ten claro tamén o responsable da firma EROSKI na provincia é que a tarta tamén é a que é.

De momento o que conseguiu esta superficie é que os mais de 2.000 limiaos que hoxe pasaron polas súas caixas estean enganchados ata marzo para descontar tódolos cheques que foron entregando nas propias caixas. Nin que dicir ten, dende o noso punto de vista é que os responsables de marketing da firma EROSKI, gañáronse o soldo polo menos dos tres meses vindeiros nun so dia.