A Escola Rural de Saúde da Limia celebrou o día internacional dos maiores

asistentes dia persoas maiores 2021
A Escola Rural de Saúde da Limia celebrou o día internacional dos maiores
En Sarreaus, Porqueira, Arnuide e Xinzo

O pasado día 1 de outubro, Día Internacional dos Maiores a Escola Rural de Saúde da Limia lebou a celebración aos distintos locais que ten espallados pola xeografía limiá.

A celebración conxunta aprobeitouse para tomar a decisión de reanudar as actividades no punto que quedaran alá polo marzo de 2020.

escola saude sarreaus e  porqueiraÉ a intención, reactivar a vida social no rural da Limia, dar recoñecemento aos nosos maiores e homenaxear á muller de máis idade de Arnuide, Rosa Garrido, que cos seus 99 anos participou da festa cantando e bailando. Nun día tan emotivo, tamén se tivo un especial recordo e despedida comunitaria a todas as persoas que perdemos por causa do Covid e que no seu momento non se puido levar a cabo, para iso, Rosa Trujillo, psicóloga da Asociación Escola Rural de Saúde dá Limia dedicou unhas fermosas palabras ás familias e amigos.

Rosa Garrido 99 años(homenajeada) y su hija ana

Como non podía ser doutra maneira a tarde acabou con muiñeiras nas gaitas, pandeiretas e voces das mulleres participantes. Queremos agradecer a todas as entidades e persoas que fixeron posible unha tarde tan esperada polos participantes.

gaiteiras e pandereteiras de  sarreaus