A Escola Rural de Saúde da Limia visita a Valedora do Pobo

Grupo no despacho da Valedora
A Escola Rural de Saúde da Limia visita a Valedora do Pobo
Tamén asistiron na sede do Consello da Cultura Galega a unha conferencia

Na comunicación permanente establecida coa Valedora do Pobo Dolores Fernández Galiño, unha representación da Asociación Escola Rural de Saúde dá Limia tivo un encontro con esta na sede da Institución en Santiago de Compostela na que participou tamén María Méndez, Presidenta da Asociación de Xornalistas de Galicia. Ambalasdúas interesáronse polo traballo que realiza a asociación no rural, compartindo con elas as dificultades, inquietudes e traballo coas mulleres da Limia, así como a atención a persoas dependentes e coidadoras como prioridades.

Conferencia Mª Xosé Porteiro
Conferencia Mª Xosé Porteiro

Tamén se falou da homenaxe a Genoveva Vázquez Calviño, a Partureira do Pobo de Xinzo de Limia do 24 de marzo como recoñecemento ao seu traballo de atención á saúde ás mulleres durante máis de 50 anos. Así mesmo, asistiron na sede do Consello de Cultura Galega á conferencia “A perplexidade democrática” impartida por Mª Xosé Porteiro, quen dirixiu o Centro de Documentación e Feminismos. Todas elas xa participaron anteriormente en xornadas realizadas en Xinzo de Limia coa Asociación sobre a importancia da saúde das mulleres, e todas en conxunto traballamos cun obxectivo común, o empoderamento da muller rural e a importancia do papel destas nunha sociedade máis igualitaria e xusta.