Esmeralda a un paso de chegar á final do concurso de canto do Luar

esme1
Esmeralda a un paso de chegar á final do concurso de canto do Luar

A cantante de Rairiz de Veiga está máis preto que nunca de acadar o seu soño e gañar o concurso de canto do programa da TVG.

Esta noite Esmeralda chega ó Luar co reto de cantar a copla "capote vermello e ouro" e así conquistar ó xurado.

O seu rival esta noite é Chupi que representa á Terra Chá e que é un dos participantes máis fortes do concurso.

Esmeralda contará coa súa xente entre o público como cada venres que actúa no programa. De contar coa máxima puntuación do xurado, a recanteira da Limia pasaría á final.