"Espero que disto todo malo que hai, saia algo bo" -Beatriz
Segundo Beatriz, a outra parte desta historia, ela o único que fixo foi levantar a Sra. do chan
Beatriz, a condutora cuxa parella, segundo denuncian Pepe e Rosa, foi a que os agrediu na tarde de onte, di que que non houbo nada diso.
É unha lástima que unhas persoas que teñen problemas, porque é evidente que os teñen. Non é normal o que fan todos os días, increpar a repartidores.. nos temos amigos que non veñen a vernos, ao parar na casa, chámanlle a atención. O meu compañeiro chamáronlle a atención, a todo o mundo que ven, chámanlle a atención. A nos é diario.
Eu ata agora estívenos deixando, porque é o que décimos, son persoas maiores que teñen un problema.
O QUE MONTARON ONTE, A MIN DEUME PENA
Segundo manifesta Beatriz, eles saíron da casa e comezaron a berrar na rúa e “creo” que foi ela a que estaba detrás del e foise a agarrar a el, non sei si para que non seguira ou para apoiarse e el caeu e ela detrás quedou de rodillas Eu nese momento fun cara a ela para levantala do chan e botouse a berrar, “!que me matan, que me matan” e pedir auxilio, entón eu nese momento metinme dentro.
Deberían os servicios sociais, os seus fillos, alguén, porque dende fai unha temporada aquí isto foi indo a mais, e non se sabe como acabará. Que os miren.
Non houbo ningunha agresión. É unha pena, eu traballo con xente maior e isto é unha pena.
Beatriz, que non quixo ser fotografada, di que está recibindo chamadas de todos os veciños que xa saben o comportamento desta parella e sobre todo que ten o apoio total da empresa.
Ojalá que si esto vai ao xulgado que haxa alguén que tome mau e se fagan cargo destas persoas maiores.