O Esquecemento 2022, no aire
Na tarde de onte chegou o comunicado oficial de algo que se esperaba dende fai case un ano.
DIMISIÓN EN BLOQUE DA DIRECTIVA DE CIVITAS LIMICORUM
As costuras da directiva que dende o 4 de xaneiro do 2020 se encargou da organización da Festa do Esquecemento, os catro anos anteriores e a última “descafeinada” do 2021 estábanse rompendo e unha vez pasado o Entroido tomaron a decisión.

Con este escrito a actual directiva da Asociación Civitas Limicorum quere informar a tódalas socias e socios da Asociación, ó Concello de Xinzo de Limia e as veciñas e veciños do noso pobo da súa dimisión a cargo da Asociación e, por conseguinte, da organización da Festa do Esquecemento de forma inminente, pero non antes sen explicar os motivos que a levaron a tomar esta decisión.
Unha asociación aletargada
Segundo o comunicado chegado aos medios e aos socios dous son os motivos para presentar a renuncia. O primeiro e a loita continua durante moitos anos organizando a festa e o segundo máis importante é a de que segundo esta xunta directiva está totalmente aletargada e sumida na desidia.
Xa son moitos anos, pois, que nos sentimos en certo modo loitadores por varios motivos. O primeiro e máis importante: por loitar pola Festa para que se convertera nalgo, se cabe, máis grande do que é seguindo os pasos de outra moita xente que nos precederon e que, aínda que non sempre estiveron sempre de acordo connosco, traballaron e sufriron para que o Esquecemento situase no mapa a Xinzo e a súa historia. O segundo motivo e máis importante neste momento, aínda que co tempo perderá forza, é por “loitar contra” unha asociación aletargada, “contra” unha asociación sumida na desidia e na desconfianza e que non é capaz de unirse nin tan sequera para celebrar os éxitos, que non son nosos, senón que son de todas e todos, dos que estaban e dos que aínda seguen aquí.
Se queres coñecer a carta enteira preme aquí

NOVAS ELECCIÓNS
Recordamos que esta xunta directiva saíu elixida o 4 de xaneiro do 2020, despois dunha loita con outra lista a cal soamente perdeu por 7 votos de diferencia. A carta remata con agradecementos e co decisión da convocatoria dunhas novas eleccións
Deste xeito, e rematando con esta carta, a actual directiva, pola presente, queda relegada a directiva en funcións ata que sexan convocadas novas eleccións e se elixa un novo grupo directivo ó que lle desexamos o mellor na súa aventura e o noso apoio, axuda, experiencia e cariño.