Estamos de aniversario!

Estamos de aniversario!

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Dende A Limia.com, o espazo aberto ás novas da túa terra, cumpre hoxe un aniño de vida! E con motivo do noso aniversario estreamos unha interface no que xa veñen incluídos os nosos anunciantes e un par de cambios no deseño!

Somos novos pero temos ganas e ilusión, e co voso apoio, cos azos que nos da descubrir un lector novo ou comprobar que cada vez temos un público máis fiel, vémonos capaces de superar os pequenos contratempos do día a día, e conseguir facer un traballo, sobre todo, HONESTO.

Hai apenas dúas semanas, conseguíamos o noso primeiro recoñecemento da man do Polígono Virtual de Galicia. Un premio que nos enche de ledicia e que sentimos coma un forte empuxón para continuar coa nosa labor de intentar dar espazo aos pequenos e grandes temas dentro da vida cotiá dos limiaos.

MOITAS GRAZAS E POR MOITOS ANOS MÁIS.