Exito de público para ver as pezas de Adolfo Fernández en Montalegre

CARTEL PORTUGAL Expo. Adolfo
Exito de público para ver as pezas de Adolfo Fernández en Montalegre

ADOLFO FERNÁNDEZ DAFONTE expón no Ecomuseu do Barroso (Montalegre, Portugal).

Dende o 19 de febreiro de 2015, ata o 30 de xuño de 2015 co título: Oficios e Tradicións Populares de Galicia.

O artista, tamén colaborador deste diario é natural do Baño, Bande (Ourense). Escultor autodidacta e investigador das técnicas máis ancestrais de cocción do barro e do uso de fornos milenarios. Con amplo currículum de exposicións en salas e centros de grande parte da Comunidade de Galicia.

A mostra, unha colección de 40 pezas realizadas en arxila, tén como finalidade ofrecer unha merecida homenaxe ás mulleres e mailos homes do rural galego, que coa súa sabeduría ancestral, o seu traballo e a súa loita, foron devanando unha cultura forte e singular que labrou un país único, con identidade propia, chamado Galicia.

O sistema de cocedura das obras é froito da laboura de investigación e do traballo de varios anos experimentando cos fornos máis primitivos empregados pola humanidade dende que se creou a primeira peza de cerámica, fai arredor de 8.500-9.000 anos (Neolítico Cerámico). O forno é alimentado por excrementos de gando caprino, ovino e vacún e a queima pode durar ata 40 horas.

Logo de inaugura-la exposición, o presidente da cámara de Montalegre, Orlando Alves, destacou a figura do artista: "A pessoa do Adolfo, é em si, un monumento porque dá-nos a conhecer um aspeto completamente desmaterializado da produçâo artística. É un homen que produz para se enriquecer espiritualmente sem qualquer intuito materialista".