Expóñense en Celanova os traballos premiados na 2ª edición do Concurso do Bosque Máxico

IMG_2082
Expóñense en Celanova os traballos premiados na 2ª edición do Concurso do Bosque Máxico
A mostra, inaugurada onte poderá visitarse ata o 26 de abril REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia A Casa dos Poetas de Celanova alberga desde...

A mostra, inaugurada onte poderá visitarse ata o 26 de abril

REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia

A Casa dos Poetas de Celanova alberga desde onte unha exposición cas fotografías e debuxos premiados na segunda edición do concurso do Bosque Máxico. Á inauguración, celebrada onte acudiron a Presidenta da Asociación do Vieiro-Leboreiro, os alcaldes de Celanova e Bande e Toño Monteiro, líder do colectivo das Terras de Celanova e Baixa Limia, O Bosque Máxico.

Durante a presentación destes traballos ganadores, Monteiro aproveitou para presentar o cartel da que será xa a terceira edición do Concurso, cuxas bases poden consultar premendo aquí. A mostra que xa repousa no cuartel xeral da Fundación Curros Enríquez poderá visitarse ata o 26 de abril de martes a sábado de 11.00 a 13.30 e de 16.00 a 19.00. Os festivos en horario de 11.00 a 13.30.