A Feira do comercio de ProLimia celebrarase o último fin de semana de agosto

ProLimia 1
A Feira do comercio de ProLimia celebrarase o último fin de semana de agosto

Poderán participar comerciantes de Xinzo, aínda que no pertenzan a asociación

A proposta de celebración da denominada Feira do comercio de ProLimia foi aceptada pola maioría dos socios presentes, de ProLimia, que na tarde do luns, convocados con urxencia, participaron na reunión.

DATAS 28-29 E 30 DE AGOSTO

As datas escollidas para a celebración son as do último fin de semana de agosto, 28/29 e 30 e o recinto da mesma este ano será o pavillón de deportes de Xinzo.

Ata o día de hoxe a asociación conta co apoio total do goberno de Xinzo, que se encargará da montaxe dos stands e de toda a infraestruturas, sen repercutir ningún gasto nos comerciantes que asistan a mesma. Non obstante o concello para facer este desembolso puxo como condición que puideran participar tódolos comercios de Xinzo, pertenzan ou non a asociación ProLimia, promotora da feira.

NON SERÁ UNHA FEIRA SOLO DE REBAIXAS

ProLimia2A proposta do equipo directivo de ProLimia é que esta sexa unha feira do comercio, non solo para rebaixas, se non para que cada comerciante vaia a feira a vender o “seu produto”, de rebaixas, novo ou simplemente para facerse publicidade.
SOLICITUDE A OUTRAS ADMINISTRACIÓNS

A directiva xa se dirixiu a outras administracións, Deputación e Xunta pedindo axudas, que esperan recibir.

CADA STAND TERÁ UN CUSTE SIMBÓLICO PARA OS COMERCIANTES

A cantidade que deberán abonar os comerciantes que queiran participar na feira con un stand tipo de 3x3 abonarán a cantidade de 30 € por todo o fin de semana. Os cartos que se recaden polas cotas e demais axudas empregaranse no decentemente do recinto, na pasarela dos desfiles e en cartelería e publicidade.

MOITAS ACTIVIDADES PARALELAS

Durante os días que dure a feira, venres, sábado e domingo organizaranse actividades paralelas para atraer a xente ata o recinto feiral. Actividades de todo tipo, desfiles, degustacións, baile etc., para as cales xa contan coa colaboración de distintas academias da vila así como os consellos reguladores de denominación de orixe e empresas de Xinzo.